DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria IN635C SANC-IND OU 2023/13-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no BOE.

Ourense, 19 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Acto notificado

NIF interesado/a

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2023/13-3

Proposta de resolución e cartas de pagamento

71521091S

Pola persoa instrutora

21.11.2023