DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO do 14 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a Resolución do 12 de decembro de 2023 mediante a que se arquiva o expediente do parque eólico Vilacoba e se cancela unha garantía económica depositada por Cartera Vimira 25, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2020/030).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, publícase o Extracto da Resolución do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Vilacoba e se cancela a garantía económica depositada por Cartera Vimira 25, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A/2020/030).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A antedita Resolución do 12 de decembro de 2023 dispón o seguinte:

1. Aceptar a solicitude de Cartera Vimira 25, S.L.U., arquivar e declarar concluso o procedemento instruído en relación co expediente do parque eólico Vilacoba (expediente IN408A/2020/030).

2. Cancelar e proceder á devolución da garantía económica depositada por Cartera Vimira 25, S.L.U. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 920.000 €, do 16 de decembro de 2022 e número de rexistro 1467/2022, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Vilacoba.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 15 de novembro de 2019, Villar Mir Energía, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 920.000 € e número de rexistro 2419/2019, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Vilacoba. Mediante a Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, cancelouse a dita garantía económica.

2. O 14 de febreiro de 2020, Villar Mir Energía, S.L.U. presentou telematicamente, ao abeiro do procedemento IN408A, a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para o proxecto denominado do parque eólico Vilacoba, sito no concello de Lousame, ao abeiro da Lei 8/2009. O 2 de xullo de 2020 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

3. O 28 de decembro de 2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación ambiental, en que se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

4. Mediante o Acordo do 10 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Vilacova, no concello de Lousame (A Coruña) (expediente IN408A 2020/30). O dito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia, o 19 de novembro de 2021 (DOG núm. 223).

5. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 147 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Concello de Lousame, Delegación do Goberno en Galicia, Retegal, S.A., Retevisión, Red Eléctrica de España, UFD e Telefónica de España, S.A.

6. Mediante a Resolución do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, autorizouse a transmisión de titularidade do expediente parque eólico Vilacoba, sito no concello de Lousame (A Coruña), titularidade de Villar Mir Energía, S.L.U., a favor de Cartera Vimira 25, S.L.U. (expediente IN408A/2020/30).

7. O 16 de decembro de 2022, Cartera Vimira 25, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 920.000 € e número de rexistro 1467/2022, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Vilacoba.

8. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia de Turismo de Galicia, Confederación Hidrográfica Galicia Costa, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio e do Concello de Lousame.

O 20 de xaneiro de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Vilacoba, que a fixo pública mediante o Anuncio do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro).

9. O 3 de xullo de 2023 Cartera Vimira 25, S.L.U. solicitou a devolución da garantía económica citada no antecedente de feito sétimo.

10. O 5 de xullo de 2023, esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico, e ábrese o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

11. Nesta dirección xeral non consta ningunha alegación de Cartera Vimira 25, S.L.U. ao antedito acordo.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais