DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 229

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN854A)

O 6 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 128 a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN854A).

O artigo 35 das bases reguladoras, relativo á xustificación da subvención, establece no punto 2 os seguintes prazos para ter dereito ao pagamento da axuda: o prazo de execución da primeira anualidade, isto é, o prazo de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados é desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de novembro de 2023. O prazo de xustificación da primeira anualidade, isto é, o prazo para a presentación da documentación, é o 15 de decembro de 2023.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes o día 2 de outubro de 2023, comprobouse que o número de solicitudes recibidas superaba considerablemente as previsións, de tal modo que imposibilita resolver a convocatoria antes dos prazos de xustificación da primeira anualidade.

Polo tanto, procede modificar os prazos de execución e xustificación das anualidades e anular os créditos correspondentes á anualidade 2023 e transferilos á anualidade 2024.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo primeiro. Modificación da Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN854A)

Un. Modifícase o punto 1 do artigo 7. Financiamento, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo:

Eixe

OE

Beneficiarios

Aplicación

2024

2025

2026

Total

01

11

Grandes empresas

05.A2.561A.770.0 (CP:2023.00004)

3.000.000

8.000.000

4.000.000

15.000.000

01

11

Pemes

05.A2.561A.770.0

(CP:2023.00004)

1.000.000

3.000.000

1.000.000

5.000.000

01

11

Organismos de investigación privados

05.A2.561A.781.0

(CP:2023.00004)

750.000

1.000.000

250.000

2.000.000

01

11

Sistema universitario de Galicia

05.A2.561A.744.0

(CP:2023.00004)

750.000

1.000.000

250.000

2.000.000

Total

5.500.000

13.000.000

5.500.000

24.000.000»

Dous. Modifícase o punto 2 do artigo 35. Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:

«2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos
dos gastos executados

Primeira anualidade

desde

a data de presentación da solicitude

ata

o 30 de setembro de 2024

Segunda anualidade

desde

o 1 de outubro de 2024

ata

o 30 de setembro de 2025

Terceira anualidade

desde

o 1 de outubro de 2025

ata

o 30 de setembro de 2026

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Prazos de xustificación
(presentación da documentación)

Primeira anualidade

ata

o 16 de decembro de 2024

Segunda anualidade

ata

o 15 de decembro de 2025

Terceira anualidade

ata

o 15 de decembro de 2026

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución. Exceptúanse desta regra xeral os gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do pagamento antes de finalizar o mes en que lle corresponde liquidar eses gastos».

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación