DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 131

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, do posto de secretario/a do/da valedor/a universitario/a.

Ao estar vacante o posto de secretario/a do/da valedor/a universitario/a, que figura na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e en exercicio das atribucións conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría resolveu convocar a provisión do dito posto, mediante libre designación, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá participar o persoal funcionario de carreira destinado na Universidade de Vigo que reúna os requisitos que se exixen e especifican no anexo I.

Segunda. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura no anexo II, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal, Instancia xenérica), nos rexistros xeral ou auxiliares desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceira. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na Administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, idiomas e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar. Só se valorarán os méritos alegados acreditados documentalmente.

Cuarta. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou dun mes, se comporta ou implica o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Quinta. Todos os restantes actos que integren este procedemento se publicarán, cando corresponda, no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Sexta. O posto de traballo poderá ser declarado deserto, aínda que as persoas candidatas reúnan os requisitos exixidos.

Sétima. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo, e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria, as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza desta convocatoria. Non obstante, e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non o faceren, serán excluídas do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao dito tratamento e a solicitar, agás nos casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderán exercerse mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP, e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus universitario As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, pode dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos do responsable: Ana Garriga Domínguez. Facultade de Dereito. Campus Universitario As Lagoas, s/n, 32004 Ourense (España); 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de decembro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Posto de traballo

Denominación do posto: secretario/a do/da valedor/a universitario/a.

Escala: técnica administrativa/auxiliar administrativa.

Subescala: Administración.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel de complemento de destino: 20.

Complemento específico: 8.284,78.

Quenda: mañá.

Campus: Vigo.

ANEXO II

Solicitude de participación

Nome e apelidos

DNI

Corpo/escala

Subgrupo

Grao persoal consolidado

Centro/unidade

Localidade

Teléfono e correo electrónico

Posto solicitado

Solicito ser admitido/a na convocatoria a que se refire esta instancia, declaro que son certos os datos consignados e alegados e que reúno os requisitos exixidos por esta convocatoria.

........................., …… de ................................................... de 202...

(sinatura)

Reitor da Universidade de Vigo