DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 130

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 4 de setembro de 2023 (BOE do 15 de setembro), para a provisión da praza número 23/029 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade, a favor de María del Mar Castellanos Rodrigo, con DNI núm. ***774**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Mar Castellanos Rodrigo, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de decembro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso 
Reitor da Universidade da Coruña