DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Custos da exec. subsidiaria

Orde de execución

(Exp. 1442-2023)

Resolucion exec. subs. do 12.12.2023

36043A026001890000JG

(Políg. 26-parcela 189)

Cuñas

Ponte Caldelas

Encarnación Otero Hermida

3.600,00 €

Orde de execución

(Exp. 1443-2023)

Resolucion exec. subs. do 12.12.2023

36043A026004980000JS

(Políg. 26-parcela 498)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

2.400,00 €

Orde de execución

(Exp. 2359-2022)

Resolucion exec. subs. do 12.12.2023

36043A029000090000JS

(Políg. 29-parcela 9)

Esfarrapada

Ponte Caldelas

Manuel Pan Muíños

Delfina Pan Muíños

240,00 €

Orde de execución

(Exp. 728-2023)

Resolucion exec. subs. do 12.12.2023

36043A032002120000JB

(Políg. 32-parcela 212)

Anceu

Ponte Caldelas

Mario Garrido Boullosa

480,00 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 12 de decembro de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde