DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da información pública do estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 do Plan especial de ordenación do campus universitario (PE-8).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 18 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 do Plan especial de ordenación do Campus universitario (PE-8), formulado pola Universidade de Santiago de Compostela, e asinado polo arquitecto Pedro Diéguez Iglesias.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado no artigo 194.2 do Regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, o proxecto someterase a información pública durante o prazo dun mes, con citación persoal dos propietarios catastrais dos terreos afectados, e anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

O que se publica a fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello:

http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-da-zona-de-edificacion-universitaria-ZEU-25-do-PE-8/gl

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe do Catálogo de trámites a través do trámite de presentación de documentación e alegacións e da opción de achega libre. Deberase introducir o dato 2023/43180J no campo da referencia e incorporar o documento das alegacións.

As alegacións tamén se poderán presentar por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica