DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-01879-O-2023 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-01879-O-2023 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións dos acordos de incoación por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentee expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte das persoas interesadas e a terminación dos procedementos sancionadores.

A Coruña, 12 de decembro de 2023

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01879-O-2023

4378-CJP

48112150Z

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

9.1.2023; 17.12.00; AC-523; 12,5

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 198.18 do ROTT

Artigo 201.1.e) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

601 euros

XC-03128-O-2023

8853-LKK

Y3536590D

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

20.4.2023; 16.13.00; AC-441; 13,9

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-03348-O-2023

7487-BVL

47375442L

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %

10.3.2023; 9.06.00; AC-12; 5,6

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 198.3 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

XC-03366-O-2023

8853-LKK

Y3536590D

Transportar mercadorías perigosas en vultos ou sobre embalaxes sen as etiquetas, marcas ou calquera outra sinalización (así como levalas ilexibles) prescrita nas instrucións de embalaxe.

20.4.2023; 16.13.00; AC441; 13,9

Artigo 140.15.5 da LOTT en relación co artigo 141.25 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

XC-05062-O-2023

6595-DSM

32684255J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.7.2023; 18.20.00; AP-9F; 25,109

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 201.b) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

201 euros