DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Fene (expediente DH.A15.84390).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 1 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Ramón Díaz Lago a novación da concesión para aproveitar 131,4 m³ anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Marraxón, da parroquia de Sillobre (Santa Mariña), no concello de Fene (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións