DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.57439).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Sandra Diéguez Recioy.

DNI: ***9018**.

Expediente: DH.A36.57439.

Volume total anual: 1.318 m3/ano.

Destino: uso gandeiro e sanitario.

Orixe: parcela 820 do polígono 513.

Lugar: Pazos.

Parroquia: Olives (Santa María).

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

Amplíase o aproveitamento descrito no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 231, do 29 de novembro de 2021, cunha captación adicional no punto de coordenadas UTM X=550.716 e Y=4.726.368 (Fuso 29, datum ETRS89), e a súa canalización soterrada ao longo de 55 m con tubaxe de PE de 50 mm de diámetro ata a arqueta situada no punto de coordenadas X=550.704 e Y=4.726.420, na parcela 821 do polígono 513.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro