DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.82887).

Comunidade de Usuarios de Augas de Alargos solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Augas de Alargos.

Expediente: DH.A36.82887.

Volume total anual: 1.456,35 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,16 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 540117; y= 4729370 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: O Alargo.

Parroquia: Toedo (San Pedro).

Concello: A Estrada (Pontevedra).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas dunha mina situada na parcela coa referencia catastral 36017A030000320000KH, mediante acceso de 1,00 × 0,85 m realizado de formigón armado con comporta de aceiro e escavada en dous tramos ata una profundidade máxima de 6,00 m. O aproveitamento dispón dunha arqueta de ventilación nas coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) x= 540106, y= 4729381. A auga condúcese desde o punto de captación, en tubo de 30 mm de diámetro de PVC e soterrada 2 m, ata a caseta de repartición, situada a 50 m de distancia, onde se realizan as derivacións individuais en tubo de 40 mm de diámetro ata as vivendas que se van abastecer 36017C503503890001YD, 36017C503003900001YR, 000100700NH42G0001MM, 000100900NH42G0001KM e 000100300NH42G0001PM.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, previa cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro