DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 31 de outubro de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores de Ribadeo de concesión administrativa no porto de Ribadeo con destino á ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.01.EDF.006), lonxa titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión indirecta do servizo da lonxa e oficinas da confraría (expediente 14-01-22-C-1).

O día 27.10.2023 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Ribadeo de concesión administrativa no porto de Ribadeo con destino á ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.01.EDF.006), lonxa titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión indirecta do servizo da lonxa e oficinas da confraría, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de outubro de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte