DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 70957

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro de 2023).

Mediante a Resolución do 7 de setembro de 2023, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2023. Estas axudas teñen como finalidade a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero e recollen varios tipos de programa para desenvolver como se establece no seu artigo 5.

As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social, dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero.

Os programas desenvolveranse no ano 2024. Subvencionaranse programas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse determinados programas que teñan por obxecto a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Serán obxecto de subvención os seguintes tipos de programas:

a) Acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.

b) Acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.

c) Programas de información e formación para o empoderamento e participación activa dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade e a mulleres do medio rural, que impulsen o emprendemento, o autoemprego, a formación e a mellora da súa capacitación de cara a mellorar a súa empregabilidade.

d) Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade que consistan en actividades de coidado e atención a menores de doce anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.

e) Actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.

f) Programas para o tratamento da saúde integral das mulleres e/ou sobre a sexualidade das mulleres.

g) Programas de apoio e tratamento integral dirixidos a grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables: mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, mulleres pertencentes a minorías étnicas, etc.

h) Programas que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e dos seus fillos e fillas.

Será requisito necesario que as persoas beneficiarias dos programas desenvolvidos ao abeiro desta resolución sexan mulleres en situación de especial vulnerabilidade, tanto mulleres vítimas de violencia de xénero ou de calquera violencia contra as mulleres ou mulleres en situación de vulnerabilidade, segundo o disposto na disposición adicional única desta resolución, e as súas familias. As entidades beneficiarias acreditarán o cumprimento deste requisito mediante declaración responsable.

As persoas profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que se vaia realizar.

Así mesmo, será requisito para os programas en que participe persoal voluntario ter subscrito e en vigor unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil por parte da entidade a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, de conformidade co previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, durante toda a súa duración, e que respondan dos prexuízos que se poidan causar durante o desenvolvemento da actuación subvencionable.

Poderase solicitar subvención para un único programa que responda a unha das tipoloxías de programas sinalados no punto 1.

A contía mínima da axuda que se pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 5.000 euros. A contía máxima da axuda que se pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 75.000 euros.

As bases reguladoras recollen a concesión de anticipos do 100 % das subvencións concedidas sen depósito de garantías, cuxos pagamentos serán imputables ao exercicio 2023, para os tipos de programas subvencionables establecidos no artigo 5, para que as entidades beneficiarias poidan facer fronte aos gastos derivados das actuacións obxecto de subvención.

Na súa reunión do 31 de agosto de 2023, o Consello da Xunta de Galicia autorizou a concesión de anticipos do 100 % na Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para o ano 2023.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Aplicación orzamentaria

Proxecto contable

Importe (€)

11.20.313B.481.2

2018 00004

744.250 €

O importe consignado nesta convocatoria son fondos transferidos desde o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e teñen a consideración de transferencia condicionada exclusivamente á concesión real e efectiva de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. No BOE do 21 de novembro de 2023, o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 publicou a Resolución do 7 de novembro de 2023, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, sobre a concesión de subvencións aos programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, para o ano 2023.

No citado acordo asígnaselle a esta comunidade autónoma o importe global de 30.317.354,26 euros para a anualidade 2023, o que supón que a Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha contía adicional de 9.604.272,26 € para o financiamento dos anteditos programas con respecto á cantidade consignada como definitiva nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2023.

Con base nese importe e segundo os criterios de repartición establecidos pola Xunta de Galicia, con base nas contías asignadas na anualidade do ano 2022 e dos anos anteriores, o importe adicional que se lle asignou á Secretaría Xeral da Igualdade é o seguinte:

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe adicional

2018 00004

11.20.313B.481.2

350.365,08 €

O artigo 2.2 da Resolución do 7 de setembro de 2023 establece que, de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado, entre outros supostos, dunha xeración de crédito.

A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Por este motivo e co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin, tramítase esta resolución pola que se incrementa o crédito dispoñible para as subvencións previstas na Resolución do 7 de setembro por unha contía igual á xeración de crédito realizada.

O crédito dispoñible final será o seguinte:

Aplicación

Proxecto

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

11.20.313B.481.2

2018 00004

744.250 €

350.365,08 €

1.094.615,08 €

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, creouse a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e en desenvolvemento del aprobouse o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixou a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia. Segundo o establecido no Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero, incorporar o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes en todas as normas, políticas, actuacións, plans e estratexias da Xunta de Galicia, en cumprimento do principio de transversalidade, así como promover programas e normas dirixidos á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos, e establecer relacións e canles de participación con asociacións, fundacións e outros entes e organismos que teñan entre os seus fins a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Preténdese ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 7 de setembro.

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2023 (procedemento SI452A) , establecida no artigo 2.1 da Resolución do 7 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2023 (código de procedemento SI452A) (DOG número 179, do 20 de setembro).

2. O incremento da dotación será de 350.365,08 € con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.313B.481.2, no código de proxecto 2018 00004, coa denominación IRPF consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

O crédito dispoñible para atender a citada convocatoria de axudas (procedemento SI452A) queda así establecido en 1.094.615,08 euros. O crédito total da convocatoria queda do seguinte xeito:

Aplicación

Proxecto

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

11.20.313B.481.2

2018 00004

744.250 €

350.365,08 €

1.094.615,08

Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 7.2 da Resolución do 7 de setembro de 2023 para a presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade