DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-02743-O-2021.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número PO-02743-O-2021 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta para o cal empregará o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

PO-02743-O-2021

PO-6798-BP

45665909F

Atenuante. Carecer da placa de montaxe ou, como alternativa, no caso de vehículos homologados segundo a Directiva 92/24/CEE, cuxo limitador o instalase o propio fabricante do vehículo, ben certificado, emitido polo fabricante ou polo seu representante legal con anterioridade ao 24.12.2005, ben a súa mención na propia tarxeta ITV, ou ben un adhesivo ou unha placa que mencione a velocidade fixada, instalada polo mesmo fabricante.

19.7.2021; 12.00; PO510; 0,8

Artigo 140.20 da LOTT

Artigo 198.30 da ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.k) da ROTT

Artigo 201.h) da ROTT

601 euros