DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de decembro de 2023 polo que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/175/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 13 de setembro de 2023, ditou resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 23 de outubro de 2019, no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/175/2017-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución aos interesados con documento nacional de identidade número 78037908N e 52933527Q, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpor recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística