DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boiro (expediente DH.A15.96918).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Augas de Sealo.

NIF: ***9076*.

Expediente: DH.A15.96918.

Volume total anual: 1.861,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 6,11 l/s.

Destino: uso doméstico.

Orixe: dous mananciais.

Lugar: Sealo.

Parroquia: Lampón (Santiago).

Concello: Boiro.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de dous mananciais, na parcela de referencia catastral 15011A024003770000XR, no primeiro caso a partir dunha mina xa existente con condución ata unha arqueta a uns 30 m, e no segundo caso mediante un pozo que capta outro manancial situado a uns 296 m. Ambos mananciais conéctanse mediante tubaxe de 63 mm de diámetro, que posteriormente continúa ata un depósito proxectado na parcela de referencia 15011A024003310000XB, consistente nunha estrutura de formigón duns 6×4×2,5 m, dotado de sistema de potabilización, desde o cal parte a rede de distribución, en diámetro 40 e 32 mm, ao longo duns 475 m ata as vivendas que se van abastecer.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro