DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se someten a información pública o procedemento ambiental e a solicitude de concesión para unha captación de augas nos concellos de Agolada, Santiso e Palas de Rei (expediente DH.A36.88645).

No Servizo Territorial da Demarcación Centro de Augas de Galicia estase a tramitar o procedemento ambiental e de concesión e autorización referenciado, coas seguintes características:

Solicitante: Greenfiber, S.L.

CIF: B***2511*.

Expediente: DH.A36.88645.

Volume total anual: 16.790.000 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 535 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: río Ulla no encoro de Portodemouros.

Lugar: Maseiro e outros.

Parroquia: Agra (Agolada), Belmil Santiso, Rairiz, Mourazos, A Ponte Arcediago, Barazón (Santiso) e Ramil (Palas de Rei).

Concello: Agolada (Pontevedra), Santiso (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo).

Para os efectos previstos no artigo 104 e seguintes do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e os artigos 21 e 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométense ao trámite de información pública os seguintes documentos achegados polo promotor, titulados:

Proxecto básico-captación. De Altri – Greenfiber – Proxecto Gama. Proxecto ID 502000040-001, que inclúe memoria, 11 anexos e planos, de maio de 2023, con revisións ata decembro de 2023.

Memoria de autorizacións DPH para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, de outubro de 2023.

Estudo de impacto ambiental sobre a tubaxe de captación e vertedura do proxecto Gama para a solicitude concesión de augas, de outubro de 2023.

O que se fai público para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas no seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 45 días, que comezará a computarse a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Este anuncio, ademais da súa inserción no mencionado boletín, será obxecto de exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos de Agolada, Santiso e Palas de Rei.

Para os expresados efectos, estará dispoñible unha copia da solicitude de autorización, así como da documentación técnica achegada polo peticionario, para que poidan ser examinadas nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela (solicitando cita previa no teléfono 981 544 927), así como nas dependencias dos concellos de Agolada (praza do Concello, núm. 1, 36520 Agolada, Pontevedra), Santiso (Agro do Chao, Arcediago, 15808 Santiso, A Coruña), Palas de Rei (avenida Compostela, núm. 28, 27200 Palas de Rei, Lugo) e na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia