DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á transmisión e novación da concesión dun caudal de auga no concello da Baña (expedientes DH.A15.67626 e DH.T15.84042).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da Dirección de Augas de Galicia do 3 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, autorizouse a transmisión a favor de Lourdes Vieito Vieito e de Jesús Suárez Vieito e outorgóuselles a novación da concesión dun caudal de auga, para aproveitar 299,30 m3 anuais de auga, que procede dun manancial situado no lugar de Lañas, parroquia de Lañas (Santa Baia), no concello da Baña (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións