DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de decembro de 2023 polo que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa de orde de demolición, do expediente de reposición da legalidade PON/151/2014-RP1.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data de 4.9.2023 deu traslado do apercibimento previo á execución forzosa de orde de demolición do expediente de reposición la legalidade PON/151/2014-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución á interesada con documento nacional de identidade número 76829428K, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística