DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70658

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S.16-R do Plan xeral do ordenación municipal de Lugo.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar con data do 6 de setembro de 2023, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S.16-R, formulado pola entidade mercantil Bipahura, S.L., representada por Raúl Ferreiros Barreira.

Conforme o previsto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses, durante o cal poderá ser examinado o contido íntegro do documento aprobado no seguinte enderezo electrónico:

https://treboada.lugo.gal/index.php/s/nqiZG3JHkD7Gmmr

Así mesmo, destácase que durante o indicado prazo poderán presentarse neste concello as alegacións e suxestións que se desexen.

Para cualquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse ao Servizo Municipal de Urbanismo na xornada laboral, das 10.00 ás 14.00 horas (rolda da Muralla nº 197, 1º andar).

Lugo, 15 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 5756/2023, do 21 de xuño)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcaldesa da Área de Sostibilidade Urbana e Recursos Internos