DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial para ecoalbergue turístico vinculado á Rede de camiños de Santiago.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria urxente que tivo lugar o 10 de novembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(…) Primeiro. Aprobar inicialmente, con base nos informes técnico e xurídico que se transcriben na parte expositiva do acordo, o Plan especial de infraestruturas e dotacións para albergue turístico vinculado á Rede de camiños de Santiago segundo: “Aprobación inicial. Plan especial para ecoalbergue turístico vinculado á Rede de camiños de Santiago. Situación: Teixín, Melide, A Coruña. Promotores: Óscar García Mosteiro, Mª Teresa Sánchez Tarrío. Redactores: José L. Pérez Donsión, Marlene Pérez Sánchez. Xuño 2019” asinado en xuño de 2019, e do “Modificado I, Plan especial para ecoalbergue turístico arquitecto: Héctor González Castro. Colexiado 4.158 do COAG. Promotores: Óscar Manuel García Mosteiro, María Teresa Sánchez Tarrío. Situación: lugar de Teixín, concello de Melide (A Coruña). Data: maio de 2022”, asinado o 13 de xullo de 2022, no lugar de Teixín, San Cibrao, Melide, presentado por María Teresa Sánchez Tarrío, con DNI ***0587**, e por Óscar García Mosteiro, con DNI ***9917**.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo mínimo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, no xornal El Correo Gallego. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [enderezo: https://sede.concellodemelide.org/] (…)».

O que se fai público de conformidade co artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, co fin de que quen puidese terse por interesado no devandito expediente poida comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teña por conveniente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Pola súa vez, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [https://sede.concellodemelide.gal/].

Este anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Os documentos poden consultarse na seguinte ligazón:

https://sede.concellodemelide.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231129110013956.html

Melide, 29 de novembro de 2023

José Manuel Pérez Penas
Alcalde