Mediante a Resolución da Alcaldía 2023-1546, do 31 de outubro de 2023, aprobouse a seguinte corrección de erros materiais da oferta de emprego público extraordinaria de estabilización do emprego temporal do Concello da Estrada, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 103, do 31 de maio de 2022, e no DOG núm. 105, do 2 de xuño de 2022, modificada mediante Resolución da Alcaldía 2022-1577, do 20 de outubro de 2023, e publicada no BOPPO núm. 207, do 28 de outubro de 2022, no relativo á praza de técnico en drogodependencias e turismo, que queda do seguinte xeito:
Onde di:
B) Persoal laboral
Denominación praza |
Categoría |
Nº prazas |
Concurso-oposición (art. 2 Lei 20/2021) |
Concurso (DA 6ª e 8ª Lei 20/2021) |
Técnico en drogodependencias |
Persoal laboral grupo I |
1 |
x |
Debe dicir:
B) Persoal laboral
Denominación praza |
Categoría |
Nº prazas |
Concurso-oposición (art. 2 Lei 20/2021) |
Concurso (DA 6ª e 8ª Lei 20/2021) |
Técnico en drogodependencias e turismo |
Persoal laboral grupo I |
1 |
x |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello da Estrada no Boletín Oficial da provincia e/ou no Diario Oficial de Galicia, e remitirase á Administración xeral do Estado en cumprimento do establecido no artigo 56.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.
A Estrada, 22 de novembro de 2023
José C. López Campos
Alcalde