DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de decembro de 2023 pola que se fai público o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación BI ARRI varada no porto de Foz (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por resultar descoñecido o domicilio da propietaria actual, Esther Elisabeth Van Ginkel, de nacionalidade holandesa, segundo os únicos datos de que se dispón facilitados polo anterior propietario, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono do barco de nome BI ARRI, con matrícula 7ª-BA-390-95.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión se atopaba atracada no peirao de Portochico, no porto de Foz, en estado de abandono e con perigo de afundimento desde o día 13 de abril de 2023, o que fixo necesario a súa posta en seco o día 17 de outubro de 2023.

Desde a dita data a embarcación atópase na zona de varada do porto de Foz sen actividade e en estado de abandono, e sen que ningunha persoa física ou xurídica manifestase interese por ela.

O presente acordo se emite con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidencia de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, Xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase á interesada antes identificada, así como a calquera outra persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre a embarcación, un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa mais arriba citada, chegado o termo de declarar ao barco abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia