DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se somete a información pública a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Sanxenxo (TM de Sanxenxo, Pontevedra), conforme o artigo 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese á información pública para que as persoas físicas ou xurídicas interesadas poidan examinalo e presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Para isto dispoñen do prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º e 2º, 36002 Pontevedra, ou na sede electrónica correspondente. Así mesmo, o referido documento estará dispoñible na páxina web www.portosdegalicia.gal, no enderezo https://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/delimitacion-espazos

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia