DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70097

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional socorrista, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 4 de abril de 2023 (DOG do 18 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional socorrista, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 19 de maio de 2023 (DOG do 1 de xuño) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 18 de xaneiro de 2024 ás 10.00 horas na Sala de Xadrez da Piscina Universitaria, avda. das Burgas, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela. Non se celebrará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela