DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/4440-2.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a tiver promovido de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 4 de decembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Solicitante

Resolución notificada

PR204A2023/4440-2

Miguel Montoya Gabarres

Desestimatoria