DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 69983

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

BDNS (Identif.): 733193.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) Empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

b) Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo corresponden a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

Apoiar proxectos integrais de gases renovables consistentes na produción de hidróxeno de orixe renovable ou de biogás/biometano, obtido por dixestión anaerobia, para o seu aproveitamento en centros de demanda situados en Galicia, favorecendo e fomentando deste xeito o uso racional das enerxías renovables (código de procedemento IN421Z).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

Cuarto. Financiamento

As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2024. Esta dotación ten a repartición plurianual por proxectos recollida na seguinte táboa.

O crédito máximo segundo a tipoloxía de proxectos será a seguinte:

Ámbito de intervención

Tecnoloxía

2024

2025

2026

2027

Total

086

H2 renovable

1.850.000

1.850.000

1.600.000

200.000

5.500.000

086

Biogás

750.000

750.000

400.000

100.000

2.000.000

 

Total

2.600.000

2.600.000

2.000.000

300.000

7.500.000

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 7.500.000 euros e imputarase as seguintes aplicacións orzamentarias: 09.A3.733A.745.1 e 09.A3.733A.770.3.

Quinto. Contía da axuda

1. A intensidade da axuda segundo o tipo de entidade beneficiaria será a seguinte:

Tipoloxía de entidade beneficiaria

Intensidade da axuda

Produción de enerxía procedente de fontes renovables e hidróxeno renovable

(% sobre o custo elixible)

Intensidade da axuda

Outros investimentos

(% sobre o custo elixible)

Gran empresa

45 %

30 %

Mediana empresa

55 %

40 %

Pequena empresa

65 %

50 %

O investimento correspondente aos equipamentos novos ou á adaptación de existentes para consumo de gas renovable non poderá representar no seu conxunto máis do 20 % do investimento solicitado total.

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 2.000.000 de euros en solicitudes asociadas a biogás/biometano e de 2.500.000 euros en solicitudes asociadas a hidróxeno verde.

Sexto. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil, se prorrogará ata o seguinte día hábil.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Sétimo. Prazo para a execución da instalación

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de xuño de 2027.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia