DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boqueixón (expediente DH.A15.93278).

Agustín Regos Ferreiro solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Agustín Regos Ferreiro.

Expediente: DH.A15.93278.

Volume total anual: 1.915,01 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,065 l/s.

Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.

Orixe: manancial na parcela Entella.

Lugar: Caneda.

Parroquia: Loureda (San Pedro).

Concello: Boqueixón (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha captación mediante tubo drenante de polietileno perforado de 110 mm de diámetro e uns 10,00 m de lonxitude, rodeado de grava, na parcela de referencia catastral 15012A004001930000EF, e que desemboca nunha arqueta de control de aros prefabricados de formigón de 80 cm de diámetro e 1,50 m de fondo, de onde sae unha tubaxe cara ao depósito de almacenamento por condución de polietileno de 64 mm ao longo duns 671 m. O depósito sitúase na parcela 15012A502000040000WB, e está executado en formigón armado, duns 4,50×3,00 m en planta e 3,00 m de alto. Do depósito parte unha tubaxe de polietileno de 50 mm de diámetro ao longo duns 230 ata a vivenda que se vai abastecer, e uns 18 m adicionais ata a corte, na parcela 15012A502000640000WU. Inclúese a rega desta última parcela e a do depósito.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal de internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, logo de cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro