DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Arzúa (expediente DH.A15.91841).

Xosé Luis Fernández Segade solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Xosé Luis Fernández Segade.

Expediente: DH.A15.91841.

Volume total anual: 2.628 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: fonte na parcela 15006A513004570000DG.

Lugar: A Cal.

Parroquia: Maroxo (Santa María).

Concello: Arzúa (A Coruña).

O aproveitamento consiste na captación dunha fonte na parcela nº 457 do polígono 513 mediante unha arqueta de 178×178 cm en planta e 140 cm de alto, que conta cun rebosadoiro mediante tubo de PVC de 110 mm de diámetro que desauga nunha canle. No depósito actuará unha bomba, alimentada por placa solar, para impulsar o caudal cara a un depósito de 10.000 litros na parte superior da parcela, a carón das instalación gandeiras, desde onde partirá unha condución de polietileno de 25 mm ao longo duns 641,5 m, para alimentar diferentes bebedoiros de 400 litros de capacidade, pasando polas parcelas nos 629, 630, 631, 632, 633, 634, 635, 636 e 637.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal de internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, logo de cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro