DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Negreira (expediente DH.A15.96932).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Pesadoira SAT nº 1242 XUGA.

DNI: ****1168*.

Expediente: DH.A15.96932.

Volume total anual: 14.401,44 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,46 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo de barrena.

Lugar: R.C. 15057A505002140000LZ.

Parroquia: Pesaduira.

Concello: Negreira.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena duns 150 m de profundidade mediante unha bomba de 3CV nun tubo de 160 mm de diámetro, e a súa condución mediante tubo de PE de 40 mm ata a nave situada na mesma parcela 214 do polígono 505.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, nº 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro