DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2022/110-1).

Expediente: IN407A 2022/110-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación da LAMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 entre os apoios 9LR277ES//123-B14-5 e 9LEQM70T//123-B14-11.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1) O 1 de abril de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, UFD empresa distribuidora de enerxía eléctrica, pretende realizar obras de regulamentación no treito de liña LMTA POT803 (expediente IN407A 2016/2132-1), concello de Mazaricos, proxectándose a substitución dos apoios número 9LMSI7MF//123-B14-7 e 9LIOKF49//123-B14-9 por atoparse derrubados.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado: regulamentación LAMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3, entre os apoios 9LR277ES//123-B14-5 E 9LEQM70T//123-B14-11, asinado o 14 de marzo do 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con número colexial LE-1010. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista quedou acreditada mediante a certificación emitida polo COPITILeón con data do 2 de novembro de 2022 no que se sinala que Tito Arias Santos é enxeñeiro técnico industrial e posúe a especialidade en Electricidade.

– Anexo, asinado o 1 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, con número colexial 15.670 de Madrid.

2) O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 1 de agosto de 2022.

– Diario Oficial de Galicia: 26 de agosto de 2022.

– Boletín Oficial da provincia: 9 de agosto de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 9 de agosto de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal da secretaria do Concello de Mazaricos do 28 de agosto de 2023.

– Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3) Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) achegou unha alegación. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora que respondeu na defensa dos seus intereses.

4) Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Mazaricos. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismo afectados, é dicir, Augas e o Concello, á solicitude do condicionado solicitado.

5) O día 20 de outubro de 2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

1º. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2º. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3º. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4º. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5º. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6º. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7º. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8º. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9º. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10º. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11º. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no concello de Mazaricos.

– Substitución do apoio número 9LMSI7MF//123-B14-7 de formigón da LMT POT803 (expediente 2016/2132-1) por dous novos apoios (núm. 9LMSI7MF//123-B14-7 e 9LMSI7MF//123-B14-7 BIS) tipo celosía metálica, C-2000-16 e C-1000-12 respectivamente. Substitución do apoio núm. 9LIOKF49//123-B14-9 de formigón por un novo apoio tipo celosía C-1000-12. Regularase o condutor LA-30 existente, cunha lonxitude de 846 metros entre o apoio existente núm. 9LR277ES//123-B14-5 e o apoio existente núm. 9LEQM70T//123-B14-11.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) mediante escrito do 6 de outubro de 2022, esa entidade solicita que se inadmita ou, de ser o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública alegando en síntese o seguinte:

– O proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade.

– As competencias profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais son distintas dos enxeñeiros industriais. Nas atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

– Os enxeñeiros técnicos terán as facultades e atribucións no exercicio da súa profesión dentro do ámbito da súa respectiva especialidade técnica.

– O ICOIIG engade que cando non consta acreditada a especialidade do enxeñeiro técnico industrial que redactou e asinou o proxecto, implica un impedimento para apreciar favorablemente a competencia do dito enxeñeiro.

6. A empresa promotora respondeu ás alegacións do ICOIIG presentando as certificacións do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e do Colegio Oficial de Peritos e Ingenieros Técnicos Industriales de León, en que se establece que o técnico proxectista ten a titulación de enxeñeiro técnico industrial, especialidade en Electricidade.

7. Á vista da alegación presentada e a resposta da empresa promotora, considérase que:

– Segundo a sentenza do Tribunal Supremo STS 4337/2021, respecto das competencias dos enxeñeiros técnicos industrial, establece o seguinte: «... a facultade de redactar proxectos non corresponde exclusivamente aos enxeñeiros superiores, xa que os enxeñeiros técnicos industriais tamén poden asinar determinados tipos de proxectos sempre que a potencia e envergadura se atope dentro dos límites que establece o Real decreto Lei 37/1977, do 13 de xuño. As atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais delimítanse entre si polo principio de especialidade de cada un deles: mecánica, electricidade, química industrial, téxtil e electrónica industrial, segundo a súa diferente titulación.». «...Non teñen atribucións absolutas senón as que lles atribúe a súa titulación...». «...O límite de competencia profesional relativo á tensión será de 66,000 voltios cando as instalacións se refiran a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica».

– No expediente consta documentación acreditativa da competencia profesional do técnico proxectista para a elaboración do proxecto técnico presentado.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación da LAMT POT803 Mazaricos-Pino do Val entre os apoios 9LR277ES//123-B14-5 e 9LEQM70T//123-B14-11

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ribeira

Parcela proxecto

Propietaria/o-/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Blanco Romero

Polígono 8, parcela 154

Silvela

123-B14-7

2,0

Pradaría