DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.95519).

Juan Manuel Santamaría Santos, en nome da Comunidade de Usuarios de Augas de Galpón do Castro, solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: CC.UU. de Augas de Galpón do Castro.

Expediente: DH.A15.95519.

Volume total anual: 32.198,25 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,23 l/s.

Destino: abastacemento.

Orixe: Monte de Caamaño.

Lugar: Caamaño.

Parroquia: Caamaño (Santa María).

Concello: Porto do Son (A Coruña).

O aproveitamento consiste na captación dos mananciais denominados Fonte da Lebre, Espiñeira de Arriba, Espiñeira de Abaixo, Rego da Porca e Andeiruga, nas parcelas de referencia catastral 15072A02801793, 15072A02801795, 15072A04200626 e 15072A04109200, que se reúnen nun mesmo colector, da Fonte Casavedra, na parcela 15072A04100103, que se une á tubaxe que baixa do colector anterior cara ao galpón dos depósitos, e dos dous mananciais denominados Fonte de Feáns, na parcela 150725A04000643 que discorren cara un colector e despois por unha tubaxe cara ao depósito, situado na parcela 15072A02800055, cunhas dimensións de 60×10 m e unha altura de 3,75 m, onde se localizan 124 depósitos individuais, desde os que parten conducións para cada vivenda.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, previa cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro