DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Negreira (expediente DH.A15.62136).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 3 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Marco de Cornado-Farrapa unha concesión de 9.507,89 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no Prado do Gorgal, parroquia de Bugallido (San Pedro), no concello de Negreira (A Coruña), con destino a uso doméstico, gandeiro e rega.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións