DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.93490).

Ladislao Martínez Armental solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Ladislao Martínez Armental.

Expediente: DH.A15.93490.

Volume total anual: 427 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,04 l/s.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: manancial na parcela 3 do polígono 501.

Lugar: Laranga.

Parroquia: Noal (San Vicente).

Concello: Porto do Son (A Coruña).

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 15072A501000030000OL mediante aros de formigón, e na súa condución mediante unha tubaxe de 30 mm de diámetro ata a arqueta situada na mesma parcela a uns 88 m de distancia, e desde esta, mediante tubaxe de PVC de 25 mm de diámetro, ata a vivenda, situada a uns 350 m de distancia, na parcela 002201800NH03A0000IG.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, logo de cita no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro