DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de decembro de 2023 polo que se notifica a resolución da liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria da orde de demolición (expediente IU1/16/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución, o 28 de xullo de 2023, pola que notifica a resolución da liquidación de gastos de execución subsidiaria da orde de demolición expediente número IU1/16/2012.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada, co DNI número 32678205N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Esta resolución non é susceptible de recurso nos termos do artigo 112.1 da LPAC, ao quedar suxeita a presente liquidación a unha ulterior e definitiva, sen prexuízo de que, de consideralo oportuno as persoas interesadas, se alegue oposición a esta, que será tida en consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística