DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68520

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de instalacións (especialidade calefacción), grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de abril de 2023 (DOG do 20 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de instalacións (especialidade calefacción), grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de maio de 2023 (DOG do 1 de xuño) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 19 de xaneiro de 2024, ás 9.00 horas, na sala de xuntas do Chalé dos Catedráticos, portal 7, 2º andar (Campus Sur), Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela