DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/00017).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar no cal efectuar a correspondente notificación.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 30 de novembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Pasaporte

Acto notificado

LU-2021/00017

AW226998

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia