DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68574

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da XXXI convocatoria do Premio Puro Cora.

O Premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribúan a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional coma internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

A resolución do premio farase pública o día 2 de febreiro de 2024, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L.; rúa de Ribadeo, 5, 27002, Lugo.

Lugo, 20 de novembro de 2023

Blanca García Montenegro
Presidenta de El Progreso de Lugo, S.L.