DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68575

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo

ANUNCIO da convocatoria da asemblea extraordinaria.

O que subscribe Juan Ángel Martínez Casal, veciño do lugar da Igrexa, núm. 39, parroquia de San Sadurniño de Amoedo, concello de Pazos de Borbén (Pontevedra), pola presente convoco a Xunta Extraordinaria a todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo, que se celebrará o 13.1.2024, ás 19.30 e ás 20.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa Cultural de Amoedo, co seguinte:

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Estado das contas.

3. Excesos de consumo.

4. Obras realizadas e obras que se van realizar.

5. Baixa de comuneiro.

6. Votación de solicitude de cambio de titular.

A Igrexa - Pazos de Borbén, 28 de novembro de 2023

Juan Ángel Martínez Casal
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo