DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do segundo refundido do estudo de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes na avenida Antelo Mariño esquina rúa Benigno Esperón e rúa Valiña-Poio, de Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P. (xullo 2023).

O Concello de Poio, por acordo número 21625 da sesión realizada o día 10 de outubro de 2023, acordou o seguinte:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial ao segundo refundido do estudo de detalle para reaxustar aliñacións e rasantes na avenida Antelo Mariño esquina rúa Benigno Esperón e rúa Valiña-Poio, de Espinosa & Rodríguez Architects Projects Managers, S.L.P. (xullo 2023).

Segundo. Remitir o documento dilixenciado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a emisión do correspondente informe sectorial.

Terceiro. Proceder á apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia e na sede electrónica do concello; notificarase igualmente de xeito individual a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

Polo que, de acordo co estipulado no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, se somete o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Tamén se publicará este anuncio no xornal de maior circulación da provincia e no taboleiro de edictos do Concello de Poio.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Urbanismo, sito na Casa do Concello os días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas (con previa cita concertada).

Poio, 10 de novembro de 2023

Ángel Moldes Martínez
Alcalde