DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2022/300-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: adecuación CT Serode-27C008 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 29 de novembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Denominación: adecuación CT Serode-27C008 (Pantón).

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Pantón.

Expediente: IN407A 2022/300-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio

Sup.
(m²)

Data do acto

Hora

Concello

1

54

129

Valado

Prado

Fiscal Audiencia Provincial (representa a: hdros. de Josefina Ramona López Mosquera e Ofelia López Mosquera)

75-1-13

2.0

14.2.2024

10.00

Pantón