DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial en Ourense, polo que se realiza a publicidade da resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da sondaxe Outariz 77, no espazo termal de uso lúdico da estación termal de Outariz, no concello de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias da conselleira de Economía, Industria e Innovación, asinou o 13 de outubro a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais, no espazo de uso lúdico da estación termal de Outariz, cos seguintes datos:

Titular: Concello de Ourense.

Nome da sondaxe: Outariz 77.

Sección: B.

Recurso: augas termais.

Coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 589.147 e Y: 4.688.872.

Termo municipal: Ourense.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no Portal de transparencia da Conselleria de Economía, Industria e Innovación.

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 25 de outubro de 2023

Alicia Mª López Míguez
Xefa territorial de Ourense