DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 10 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2019/26/36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 10 de novembro de 2023

Mª Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2019/26/36.

Persoa interesada: F0229689.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 9 de novembro de 2023.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.