DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 88668 e trece máis).

Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 30 de novembro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

88668

AX636666

30.8.2023

87845

UD6020708

4.9.2023

73486

MD2328036

5.9.2023

88871

PG7691354

19.9.2023

88715

ZV0820931

19.9.2023

89746

BC116518

25.9.2023

85289

Z0023979H

27.9.2023

85288

Z0025278Y

27.9.2023

90081

K581151

23.10.2023

91414

AW645688

26.10.2023

92265

AAA545543

26.10.2023

89690

172800828

26.10.2023

93700

AZ671738

8.11.2023

93044

175122639

8.11.2023