DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2023, da Área de Verteduras, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente de clave DH.V15.93097.

Cerceda, S.A., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para a vertedura por infiltración no terreo (bacía do río Anllóns) dun caudal máximo de 159,02 m3/ano de augas residuais industriais depuradas e dun caudal máximo de 219 m3/ano de augas residuais domésticas depuradas, todas elas procedentes da estación de servizo localizada no lugar do Corgo de Arriba-Soandres (termo municipal A Laracha).

As augas residuais industriais xeradas na zona de subministración de combustibles e na zona de descarga son recollidas mediante reixas e canalizadas para o seu tratamento cara un separador de hidrocarburos.

As augas residuais domésticas xeradas nas instalacións son recollidas e canalizadas cara unha estación depuradora de oxidación total.

Logo do seu tratamento, as augas residuais industriais e as augas residuais domésticas vértense conxuntamente por infiltración no terreo (bacía do río Anllóns) mediante un pozo filtrante, no punto de coordenadas UTM (ETRS89): X=543.213; Y=4.786.542.

O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia, en cuxo portal da internet (https://augasdegalicia.xunta.gal/) está exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen o desexe.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras