DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0730/2023-PRE e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-PO-0730/2023-PRE e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 28 de novembro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0730/2023-PRE

36066720Y

Inicio

Curra, 18, 3º, Vilaboa

PSC-PO-0791/2023-PRE

13853750

Inicio

Rúa de Vilar, 2, Braga (Portugal)

PSC-PO-0816/2023-PRE

36066720Y

Inicio

Curra, 18, 3º, Vilaboa

PSC-PO-0822/2023-PPM

76501056C

Inicio

Maio Grande, 3, baixo, Negreira

PSC-PO-0825/2023-PPM

53185329Z

Inicio

Conde de Torrecedeira, 91, 2º B, Vigo

PSC-PO-0862/2023-PPM

36166452X

Inicio

José Regojo, 9, 4º B, Redondela

PSC-PO-0878/2023-PPM

35458339K

Inicio

Virxen das Mareas, 50, O Grove

PSC-PO-0884/2023-PPM

36033542V

Inicio

Coruña, 10, 1º A, A Guarda