DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición no expediente POL/109/2017-B1R1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 22.9.2023, ditou resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 3 de outubro de 2019, no expediente de reposición da legalidade POL/109/2017-B1R1.

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución aos interesados con documento nacional de identidade 44471813W e 76712290E, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística