DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Ordes e Oroso (expediente IN407A 2022/229-1).

Expediente: IN407A 2022/229-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LAT 66kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96.

Concellos: Ordes e Oroso.

Feitos:

1. O día 9 de agosto de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de corrixir situacións non regulamentarias en diferentes vans da liña de distribución LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento (expediente 5.912), que une a subestación Sigüeiro (UFD) coa subestación O Mesón do Vento (UFD), situados nos concellos de Oroso e Ordes. Proxéctase a substitución de cinco apoios da dita liña por outros de maior altura sen variar o trazado existente.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: LAT 66kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96, asinado o 17 de novembro de 2021 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial con número colexial 2.221 de Galicia, e con número de visado 20213973, do 23 de decembro de 2021.

– Anexo: asinado o 27 de maio de 2022 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial con número colexial 2.221 de Galicia, e con número de visado 20221554, do 30 de maio de 2022.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 10 de outubro de 2022, publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 10 de novembro de 2022.

– BOP: 25 de outubro de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 3 de novembro de 2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario do Concello de Ordes do 14 de xullo de 2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; aos concellos de Ordes e Oroso; a Red Eléctrica de España, S.A. e a Telefónica de España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos e empresas afectados/as, a saber, AXI, Concello de Ordes, REE e Telefónica.

5. O día 20.10.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no concello de Ordes e no concello de Oroso.

Regulamentación dos vans da LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-O Mesón do Vento (expediente 5.912) que une a subestación Sigüeiro (UFD) coa subestación Mesón do Vento (UFD), seguintes:

– Apoios número 9-10: substitución do apoio nº 9 por un de maior altura por non cumprir distancias coa LMT SIG802 ORDES2.

– Apoios nº 55-56: substitución do apoio nº 55 por un de maior altura por non cumprir distancias con edificacións.

– Apoios nº 79-81: substitución dos apoios nº 79 e 80 por outros de maior altura por non cumpriren distancias con explotacións gandeiras e agrarias, con liñas de telefonía e con liñas eléctricas de baixa tensión.

– Apoios nº 93-94: substitución do apoio nº 93 por un de maior altura por non cumprir distancias con edificacións e coa LAT 220 kV Mesón D.V. Santiago de Compostela (REE).

– Substitución de condutor no treito LMTA a 66 kV, condutor existente AL-AC 18,2, con inicio en apoio nº 92 e remate en apoio nº 93 que se vai substituír, por condutor LA 180.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LAT 66 kV C1 Sigüeiro-O Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96.

Concello de Ordes.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

3

Adolfina López Amor

Polígono 512, parcela 1971

A Chousa da Portela

79N

4.0

Prados ou praderías

4

Rogelio Martínez Gómez

Polígono 512, parcela 1986

A Chousa da Portela

80N

3.0

Labradío

5

Descoñecido/a

Polígono 512, parcela 1123

Pedreira

93N

4.0

Labradío