DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC, no concello de Soutomaior.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC, no concello de Soutomaior, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 27 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/085-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS PSY703 substitución CT Arcade de Arriba por CTC.

Concello: Soutomaior.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36053A014021220000XQ

Carnaval

Antonia Martínez Vázquez

Beatriz Bouzón Martínez

23 de xaneiro de 2024

12.00

2

36053A014021240000XL

Forno

Manolo Martínez

23 de xaneiro de 2024

12.00