En cumprimento do disposto nos artigos 112.4 e 115.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, faise pública a declaración da aldea modelo de Soutogrande (Vilariño de Conso, Ourense), polo Acordo do 23 de agosto de 2022, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, CVE F5KDr3EIFwG1 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva, pola Resolución do 23 de novembro de 2023, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, CVE rZ6HUx7Q4fU8 verificable en https://sede.xunta.gal/cve
Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2023
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural